Confianza moi crítica

| X. L. FRANCO GRANDE |

OPINIÓN

OS QUE CREMOS pouco en todo, pensamos que ZP é unha necesidade e non unha virtude. Unha necesidade que creou Aznar coa súa maneira de facer política, a menos política imaxinable. Un pensa que son escasos os méritos de ZP, moi escasos. O que son moi grandes son os erros e as maneiras do seu predecesor. ZP, por iso, ten que estar moi agradecido a Aznar. E pensar un pouco na xente que ten arredor. Unha cousa é que lle axudasen a conquistar o partido, primeiro, e a gañar as eleccións, despois. Pero ten lastres, moi preto del, que terá que ir soltando xa, ou pouco porvir lle vai quedar. Están ben á vista. Van ser cen días, os de cortesía, moi intensos. Veremos se o seu partido deixa de ser unha grileira atolada, se limpa o seu arredor máis próximo, se pode dar cumprimento ás promesas sobre política exterior, se non vai caer nas mesmas tentacións e debilidades de FP. Queremos pensar que maneiras novas traerán tamén feitos novos. Pero un cre pouco en todo, por máis que para crear haxa que crer.