08 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.
falar.ben@lavoz.es Os segredos son «as cousas que non se deben dicir ou non deben ser do coñecemento doutros» (Contoume un segredo). Segredo é ademais «a discreción absoluta» (Leva o tema en segredo). Hai segredos a voces, e segredos profesionais, segredos de confesión e, como non, de Estado. En todos estes exemplos, segredo é un substantivo. Cando queremos referírmonos á calidade do «non revelado á xeneralidade; a confidencia» estamos ante o adxectivo secreto(a) (Votación secreta; pactos secretos...), mesmo se atendemos a algo «oculto ou escondido» (Túnel secreto). Estes son os misterios da lingua, que garda segredos alí onde menos se pensa. Que quede claro: «O voto é secreto», para quen así o queira.