¡Xente a varrer!

| SANDRA FAGINAS |

OPINIÓN

17 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

falar.ben@lavoz.es Con ese mesmo sentido utilízase tamén no castelán de Galicia, ata o punto de non se percibir como unha interferencia do galego: «¡Este niño tiene juguetes a barrer!». Son propias da lingua outras frases adverbiais sinónimas, que tamén expresan 'abundancia' como a esgalla, a embute, a moreas, a montóns: «¡Ten cartos a esgalla!», «¡Hai xente a moreas!»... Por morea enténdese o 'conxunto de cousas colocadas desordenademente; monte, montón', pero ademais unha 'gran cantidade de cousas; unha chea': «Ten unha morea de fillos», «Invitou a unha chea de amigos». Ofrecer montes e moreas aplícase figuradamente a quen ofrece e dá pouco -ou non dá-, mentres que ter montes e moreas se emprega para designar a alguén que non ten nada ou que ten moito. Dise que hai xente a varrer, unha morea de xente, xente a esgalla, xente a embute, unha chea de xente, un montón de xente, pero para se referir a un lugar que está cheo de persoas pódense usar, ademais, os verbos. Abarrotar, ateigar, atestar, acugular, atacoar, atacar..., calquera deles serve para expresar o mesmo: ¡Hai xente a varrer!