XOSÉ CARLOS CANEIRO
24 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.TE RECUERDO como eras en el último otoño. Escribiuno Neruda, que morreu de pena. Hai trinta anos. De pena e rabia. Por Pinochet, que segue vivo e habitando en palacio. Morrerá na cama, como Franco. E ha de chorar por el unha parte do país, e vestirán de nostalxia e ripios os seus coroneis fascistas, e o seu sepulcro será decorado con gladiolos frescos. Os dictadores non merecen estar vivos. Pero están. Os dictadores reciben incluso homenaxes e estatuas e gozan de mil minutos nos telediarios. Os dictadores son unha especie en vías de extinción, pero subsisten, e sobreviven. Uns son aplaudidos e outros non, depende da lábil cortesía do visitante. Gadafi e Castro son distintos, Aznar afirma. Y yo que me río. E a cólera corre polas miñas mans que escriben, pese a todo. Pese á intemperie deste territorio ineficaz e torvo, de pel de touro, dicían os do noventa e oito, que foi unha xeración que marcou o devir intelectual, pesaroso, de España. A min quédame a cólera e Neruda. Que me alivia nas noites de insomnio. As noites que me corren como un caracol, lentamente. O próximo setembro volverei repetir o verso: Te recuerdo como eras en el último otoño. Y me pondré a llorar. De rabia, Pablo. Y de pena.