Temos un verán quente en tódolos sentidos. Agora xa non se di: «De Madrid al cielo», senón a Marbella. O actual rexidor, noivo de Isabel Pantoja, anda en liortras con outros personaxe curioso, Jesús Gil y Gil, tal y tal y tal... Todo moi «ostentóreo». A política, a pesares do que di o bispo de Vitoria, monseñor Azurmendi, anda nos xulgados. I é que hai moitas maneiras de mata-lo tempo. E o personal, nesta «España de charanga e padereta/ de cerrado y sacristía/ devota de Frascuelo y de María...», tamén paga os impostos para que o divirtan. Lémbrame o lío de Marbella a aquel inefable personaxe ourensán, que en certa ocasión foi a unha moi famosa sá de festas, e que se gababa de seleccionar á clientela. Pois cando ía entrar o suxeto en cuestión ben acompañado de dúas mulleres da vida o porteiro díxolle que non podía facelo por ser de conducta dudosa, ao que o noso amigo respostoulle: «Oiga, dudosas serán as que entraron antes, éstas teñen a conducta clarísima».