O buraco da moura

| VÍCTOR F. FREIXANES |

OPINIÓN

PODERÍA SER un conto, pero a historia é verídica. Só os nomes están lixeiramente mudados. Contra finais dos anos 50 volveu das Américas o primeiro dos irmáns Troitiño. Eran tres. Contan na aldea que o primeiro que fixo, logo de saudar a familiares e veciños, foi achegarse ao Campo de Arriba e ir ver as pedras. Pedras dos Mouros, que é coma a nosa xente chamou de sempre á memoria dos tempos antigos, a que non vén nos libros, nin ás veces nos mapas. O seu pai e mailo seu avó, antes de morreren, deixáranlles a noticia, coma un aquel moi secreto, de que na poza que todos coñecían como o Buraco da Moura había unha mina de ouro do tempo dos romanos, a medio explotar, e que se ninguén se metera no asunto non fora por falta de gañas senón polo capital. «Diñeiro chama a diñeiro», sentenciaba o petrucio dos Touriño, que fixera algúns cartos coa venda de gando nas feiras. «Traede diñeiro que haberá máis». E alá marcharon os tres imáns a facer as Américas. Algo fixeron. Xuntaron pesos, nos días felices de Bos Aires, ¡quen os pillara!, e volveron para cumprir coa encomenda familiar, que no seu caso era tamén convicción, pois os tres estaban seguros de que a memoria non mentía. Un deles mesmo algo estudiou o caso, e sabía que as lendas non son senón deformacións da realidade a través do tempo. Cando os romanos, a zona fora centro de explotacións mineiras, fundamentalmente auríferas, e se os vellos do lugar localizaban alí os tesouros, discurría o máis instruído dos tres, era porque algo de verdade había. O visitante pode localizar aínda, no encontro das terras de Meder e Leirado, no Condado de Salvaterra, o inmenso furado, xigantesco cráter que as máquinas e os braceiros contratados polos tres irmáns Troitiño abriron no corazón da terra, hoxe medio disimulado entre piñeiral e toxeira. Hai que subir ben o monte, por pista de carro, e alí está: enorme canteira a ceo aberto, cun perímetro que non baixa dos catrocentos metros, poida que medio quilómetro. Hai que deitarse no chan para ollar o fondo, asulagado arestora polas minas de auga. Os irmáns Troitiño, que arribaron á terra un detrás doutro, queimaron os cartos nunha empresa disparatada, propia dos días do Ciprianillo , cando o licenciado Oxea, alá a principios do século XVII, andaba por Galicia con cédula de el-Rei para desenterrar mámoas e levantar tesouros dos castros. Queimaron os cartos e, segundo conta a xente do lugar, que ben que se lembra deles, mentres durou a fortuna americana non faltou de nada na aldea, nin traballo nin angueira, nin ilusión nos nenos nin foguetes polo San Bartolomeu, que se venera moito por aquela bisbarra. Disque cando viron que nada aparecía, empezoulles a mirrar a saúde, coma se lles entrase un aire, e un detrás do outro morreron os tres no prazo dun ano. Os dous fillos do mediano, que era a única descendencia que tiñan, marcharon de novo para a Arxentina. Pero xa os tempos non son o que foron, e a casa familiar está pechada e pinta ruína. «Non sabían a palabra», contoume unha vella, entre divertida e rexoubeira. «Os tesouros danse cando se lles sabe a palabra. Pódense ter moitos cartos, que se non se sabe a palabra, non hai nada que facer. Malpocados¿». Na memoria popular Palabra equivale ao que hoxe entendemos por Coñecemento. Outros veno doutra maneira: «Mágoa de esforzo, de tempo e de capital». Pero o conto é como é, e se o aplicamos a outras cousas, máis próximas á prosa dos nosos días, aínda hai máis leccións que o lector pode aproveitar. Saudiña e cante o merlo. Sería muy bueno que la asamblea del fútbol profesional nacional, que debe celebrarse en breve, fuese aprovechada al máximo, planificando los cambios necesarios y urgentes que este espectáculo precisa. Lo llamo espectáculo y no deporte con toda la intención. Hoy está superprofesionalizado y parece o es una industria y no un club de jugadores como antaño, cuando la masa de sus componentes era nativa del lugar, y había el sudar la camiseta y el amor a los colores. Así como cambiaron estas realidades, también deben cambiar los reglamentos. No se entiende cómo la sanción a estos trabajadores de lujo sea el no trabajar, cuando cometen alguna irregularidad. O que se castigue a los espectadores con la inferioridad numérica de su equipo cuando son expulsados del juego. Y muchos otros detalles, como el de las tarjetas rojas o amarillas, implementación desvirtuada al ser acumulativas cuando su origen era y es informativo. Los consumidores de fútbol también tenemos algo que decir sobre este pasatiempo que tanto apasiona y hasta modifica la conducta del mismísimo gobierno de un país. R. L. Barreiro. Culleredo. En relación a la nota aparecida en La Voz del día 30 de julio, en la sección de Galicia, quisiera aclarar que la Licenciatura de Antropología Social y Cultural, impartida por la UNED, se implantará en el curso académico 2003-2004. La diplomatura de Trabajo Social comenzará en el curso 2004-2005. El comienzo de las licenciaturas de Periodismo y Ciencias Ambientales está todavía por confirmarse por parte del Rectorado de nuestra universidad. , director de la UNED-A Coruña.