Sobre Fraga e Rivas

La Voz

OPINIÓN

01 mar 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Teño que contradicir unha vez máis ao señor Fraga. En ningún lugar nin circunstancia me manifestei satisfeito coa súa política, nin moito menos «encantado», como ao parecer el vén declarar, segundo a rexouba que publica La Voz de Galicia na sección País, País, o pasado venres. Seguín como xornalista a súa primeira viaxe a Cuba e as miñas impresións están recollidas nas crónicas que publicou El País e nunha serie en galego aparecida en La Voz de Galicia. Estes traballos figuran tamén no libro Galicia, Galicia . Como profesional do xornalismo tratei sempre de expresar as críticas con humor e contención. Non podo dicir o mesmo da forma de encaixalas por parte do presidente da Xunta. Postos a recordar, lembro moi ben, e moitos compañeiros son testemuña, como na conferencia de prensa que ofreceron xuntos Fidel Castro e Manuel Fraga, o presidente da Xunta respondeu con dous exabruptos a outras tantas preguntas feitas por un xornalista galego. Ese periodista era eu. Manuel Rivas. A Coruña.