Consenso

| FRANCISCO IGLESIAS |

OPINIÓN

A PESAR DE que non houbo unha información moi ampla (varias confrarías quedaron excluídas) onte abríuse a pesca con trasmallo e butrón ós anexos II e III da ría de Arousa. Somos moitos os que pensamos que as cousas se podían facer doutro xeito, con máis diálogo, máis consenso e planificando a futura apertura paulatina da ría para aquelas embarcacións e artes nas que fora posible. Todos somos conscentes de que dentro da ría pódense facer moitas cousas, sempre buscando o equilibrio económico entre os que empecen a pescar e os que queden en terra. Hay que ter en conta que os anexos II e III son referentes a zonas moi reducidas para a pesca, e sería preocupante que estas zonas poideran verse sobreexplotadas, polo tanto haberá que dimensionar proporcionalmente as embarcacións ós recursos existentes. ¿Fíxose algunha avaliación dos recursos nestas zonas? Todos esperamos que esta apertura sexa positiva e que de ahora en adiante se fagan as cousas tendo en conta a opinión de todo o sector afectado. A ría é un ben de todos, e polo tanto somos todos os que debemos estar coñecedores das decisións que se tomen en torno á mesma, participemos ou non, nos plans de pesca e así evitaremos problemas posteriores.