A Federación Ecoloxista Galega (FEG) felicita á Consellería de Medio Ambiente por promoveren unha campaña de sensibilización a favor do consumo racional de auga en Galicia. O uso racional reduce a necesidade de custosas e impactantes infraestructuras e diminúe o volume de augas residuais, ademais de previr os problemas orixinados por posibles secas. A FEG entende que esta iniciativa da Xunta debería encadrarse nunha revisión profunda do Plano Hidrolóxico de Galicia-Costa, aprobado cando o organismo Augas de Galicia estaba adscrito a Obras Públicas e non a Medio Ambiente. O conselleiro do ambiente, Carlos del Álamo, debería modificar radicalmente ese plano, ambientalmente obsoleto, que prevé a construcción de 13 novos encoros. O primeiro xa foi construído: é o de Caldas, no río Umia. Federación Ecoloxista Galega. Santiago.