A emigración secular dos galegos queda plasmada nunha extraordinaria mostra fotográfica, en branco e negro, que estes días podemos contemplar no auditorio municipal de Ribeira gracias ó traballo ofrecido pola axencia Efe . Algo máis de duascentas instantáneas ofrecen ó visitante unha diversidade de sentimentos contrapostos. Centenares de rostros atemorizados pola angustia o descoñecido agolpandose nos peiraos entremezclados coa ilusión contida. A mediados do século pasado a emigración supuxo un fenómeno social e un intento de transformar o horizonte vital, persoal e familiar. Desgraciadamente, na actualidade, a emigración continua sendo unha triste realidade para milleires de españois que deben sair dos seus pobos en busca de mellores oportunidades. Nesta circunstancia, que mellor que visitar a exposición. José Manuel Pena. Ribeira