NOBEL, Alfredo, era o señor aquel que inventou un premio literario para que non o ganase Jorge Luis Borges. Cada ano reúnense os sabios suecos. E cada ano, como se fose un imperativo, os sabios montan la marimorena. Porque os premios sempre son xustos, ou inxustos, segundo se mire. Hoxe deberan triunfar Vargas Llosa, ou Lobo Antunes, ou Updike, por poñer exemplos que están na boca de todos. Pero nunca se sabe. Igual nos sorprenden os suecos cunha decisión exótica, colorista, politicamente correcta, extemporánea e grácil como os ollos deste outono de luz e bolboretas (as bolboretas, no outono, convértense en moscas). De literatura a penas se fala, ¿para que? Xa comenta La Voz que a Feira de Fráncfort está de capa caída. Que só se salva gracias á incólume figura do mago Harry Potter. A lo que hemos llegado, mi madriña. Menos mal que por aquí queda a Biblioteca 120, ese magno proxecto que ten salvado da inanición absoluta o ermo paraño invernal do comercio libresco galego. Non quedan paraísos na literatura. Caeron todos. Perdidos, como los besos. E hai que buscalos. Outra vez. Unha máis. Dicía o mestre Cela: O que resiste, gana. Resistamos pues, y a quien Dios se lo dé (el Nobel) San Pedro se lo bendiga. Que sí.