Pablo Mosquera

La Voz

OPINIÓN

Persoas que como don Pablo Mosquera abandonan Navarra ou Euskadi para ocupar cargos moi importantes, adxudicados polo Partido Popular, noutros lugares do Estado, non me parecen casos tan preocupantes, pois teño moitas dúbidas de se o fan por motivos de persecución política, cousa totalmente rexeitable, ou simplemente por motivos lexítimos de interese económico. Dende logo moita xente marchariamos de Galicia se nos ofrecesen estes postos noutros lugares, sobre todo se fósemos, por exemplo, naturais de Valencia e o posto nolo adxudicaran naquela rexión. Xosé-Bieito Coello . As Pontes.