DE COTÍO
07 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.O DISCURSO de Batasuna -¿mais teñen discurso?- inclue case que sempre «o conflicto vasco que dura dous séculos». A iste mensaxe ou xustificación das accións de ETA, pouco máis: que queren a autodeterminación, e unha patria socialista. Haberá poucos dirixentes, Otegui un deles, que cecais non leron un libro. Ben, é unha mentira repetida moitas veces, como o nazi Goebels, que nalgúns vascos acaba por ser verdade . Non hai dous séculos de loita no País Vasco pola independencia. As guerras carlistas endexamais plantexaron que os pobos das Españas se separaran. Loitaban, eso si, por representar «a patria grande como suma das patrias locais, coas súas peculiaridades e tradicións propias» (Carlos Marx, dixit ). Unha falacia A autodeterminación dos batasunos e peneuvistas somentes contempla a independencia vasca, o cal é unha falacia, xa que a autodeterminación en calesqueira estado do mundo ofrece varias opcións: seguir xunguido ó estado, federarse ou independizarse. Por iso minten, istes terroristas ou lacaios diles ao se considerar continuadores do Carlismo, para que España, as Españas, son unha nación de nacións, que se autogobernan, máis non se separan.