Algúns coidan que se xustifica unha central nuclear en Galiza porque a nosa terra, segundo eles, é deficitaria de enerxía. (Ó decilo para xustificar unha nuclear se supón que se refire á enerxía eléctrica, que é a única enerxía que producen as nucleares). Quen con boa fe afirma esto débese á mala información que ten, debido a un panfleto desorientador que anda por aí sumando a enerxía do petróleo que consume Galiza á nosa producción eléctrica. Con semellante criterio Galiza e toda España son enormemente deficitarias de enerxía. A enerxía do petróleo que importamos, pois nós non o temos, podemos pagala coa renda do turismo. Hai quen sabe esto ben, e con mala fe fai afirmacións interesadas de desplazar para Galiza as cousas sucias e perigosas que eles non queren. Galiza é excedentaria de enerxía eléctrica, e se é necesario montar plantas nucleares que se ubiquen onde se xustifique por escaseza, por exemplo perto de Madrid. Por outra banda, hai que celebrar que xentes responsables deste país manifesten a importancia de desenvolver as relacións económicas e culturais da rexión natural Galiza-Norte de Portugal, precisamente onde nasceu a fala galega. A restauración lóxica desta identidade cultural e económica, que estaba separada por torpes intereses alleos, vai ser de gran beneficio para os dous pobos unidos polo Miño. Alguén pode pensar que esto é fomentar os nacionalismos, ós que lles achaca a responsabilidade do terrorismo. Inmediatamente quen se denomina nacionalista demonizou a quen dixo semellante cousa. Mais eu penso que si, que hai nacionalismos que se comportaron como verdadeiros terrroristas, e esta vez deixo a parte o terrrorismo do stablishment dos EEUU, porque hai algo máis cercano a nós que é o nacionalismo mesetario español, que asasinou ós nosos reises, que invadiu e aterrorizou á nación catalana, que masacrou ó País Vasco durante o franquismo, que expulsou ós xudeus, que ocupou o reino de Granada e queimou os seus libros sagrados e que converteu ó noso Santiago Zebedeo nun apóstol matamouros. Claro está que de ignorancias e incoherencias está o mundo cheo. Os mesmos que producen as armas de destrucción masiva, e as empregan contra os pobos pobres e indefensos, non queren consentir que outros produzan o mesmo armamento, e xa antes de saber se o teñen chámanlles terroristas, e cando pasa algún tempo, por aquelo de ser orixinais e que recoñecen os seus erros (aínda que corenta anos despois de que os teñan cometido) denuncian que o maior terrorista do noso tempo foi o Kissinger utilizado polo Nixon e o Ford. ¿Que podemos esperar dun mundo no que os poderosos enchen ós países pobres de bombas e miseria? Temos que entender como lóxico que aparezan xentes que se inmolen cunha bomba no peito para defender ó seu pobo. Non deberíamos desestimar a estes que se inmolan, e que os poderosos chámanlles terroristas, decatándonos de que pertencen ó mundo árabe. ¿Que se pode esperar de quen con eso da globalización piden a libre circulación de capitais mentres impiden a libre circulación dos homes? ¿Haberá incongruencia maior?