SE QUIXERAN OS VASCOS

MANUEL REGO NIETO

OPINIÓN

Teño escrito moitas veces que o problema vasco resolverase o día que os habitantes daquel fermoso país queiran. O día que deixen o medo a un lado e digan: ¡Acabouse! E ven esto a conto pola última detención dun terrorista en Algemesí, coa axuda dun cidadán anónimo. Como xa sucedera en Sevilla, cando tamén colleron a outro valente vascongado que no momento da detención falláronlle os esfínteres... Pertiño do meu Ourense, un grande home, Eulogio Gómez Franqueira, prantoulle cara a un tal Zapatóns , cando iste paxaro o quería secuestrar, e puxo pes en polvorosa. I é que a cobardía destes descerebrados é tal que non son capaces de se enfrontar a ninguén. Mais o problema está aí: uns vascos -os menos- por devoción cos terroristas, outros -PNV, EA, IU- por omisión (¿lembran aquelo da mulleriña que ó saír da misa lle comunicaran que asasinaran a un defensor do orde e esta respostou axiña: «Algo habrá hecho»?), protexen a esta cuadrilla de asasinos. Pero como non se dan, polo de agora -a punto estivo tra-la morte de Miguel Ángel Blanco-, as circunstancias de que os vascos en xeral estean fartos, pois a seguir aguantando, co txakolí, o frontón, o fútbol... e a calar, que está prohibido falar de política.