A IGREXA VASCA

MANUEL REGO NIETO

OPINIÓN

Dicía un servidor ¿La Voz de Galicia, 20 de abril¿, a propósito de ilegalizar Batasuna, que, ó meu xuízo, pode cecais traer máis problemas dos que hai no País Vasco. E non houbera querido acertar. Mais a pastoral dos bispos vascos ¿só vascos, non españois¿ di unha cousa tremenda dende o punto de vista moral e non digamos cristiano: que non se pode levar adiante a ilegalización sexan cales sexan as súas relacións con ETA. ¡Aí queda eso para que un bispo-intelectual e emérito como monseñor Setién teña a ben explicalo...! A min non me colle de sorpresa a postura dos bispos e do clero vasco, en grande parte. Xa na fogueira do 36, e namentres os seus aliados contra Franco (non aliados deles) queimaban igrexas ao carón dos batallóns de gudaris, estes asistían á misa de campaña, ollando o fume como incenso liberador da súa patria vasca. Claro que bastou que uns cantos italianos os parasen en Santoña e os valentes gudaris se renderon cobardemente. Non así os seus colegas da República que loitaron ata o final. Que Deus lles perdoe ós bispos Uriarte, Asurmendi e a un tal Blázquez , que xa fixo méritos para ser vasco, RH engadido. ¡Mágoa dos que se están fartando de rir ou de se alegrar!