Gloriosa intranscendencia. Bendita. Entre lágrimas nada este país do Noroeste pola ausencia galaica na selección de Camacho, José Antonio. Obnubilados co infortunio, non apreciamos a representación que amada Galicia posúe en Gran hermano. Dous. Un da Coruña e outro de Pontevedra. Están deixando o pavillón ben alto, ¿para que precisamos futbolistas que leven a Corea o encanto dos nosos pés máxicos? A intranscendencia conquistounos. Non hai remedio. Regresan os mitos: o Madrid gana a novena, o festival de Eurovisión living celebration (todos juntos: como o himno patriótico do popular Juan Pardo), o Pepé quitando a máscara centrista e amosando o significado da palabra exiliada (Derecha: o medo é o pai da moralidade, escribiu o lúcido Nietzsche), a Folga Xeral, Imanol Arias contándonos qué pasaba cando non pasaba nada. Nada: qué gran definición. O escepticismo é unha filosofía nestes tempos de crise. Incluso debía prescribirse como medicina ou, no deplorable sistema educacional, como asignatura de obrigado curso. Tocamos fondo. Só dende a Nada, creanme, é posible a esperanza. Y si Rosita gana Eurovisión, todos a la Cibeles, caramba.