NIN PROXECTO NIN IDEAS

MANUEL REGO NIETO

OPINIÓN

10 may 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Tenme reprochado máis dun lector que lle teño manía ao PSOE. Non é certo. ¡Que máis quixera que o socialismo español endereitara o seu rumbo! Agora chega o enterrador do PSOE, un tal Felipe González, e zámpalle a Rodríguez Zapatero, candidato polo de agora ás eleccións xerais, que «está todavía por demostrarse que (no PSOE) hai un novo proiecto con contido e con ideas». Coido que a cara que se lle quedou a Pepe Blanco debeu ser das de trágame terra... Certamente González, que tivo proxecto, non foi capaz en trece anos de levar adiante un programa socialista. Rachou coa UGT, tivo varias folgas xerais, terrorismo de Estado, e enterouse desto e de que os seus colegas roubaban pola prensa... Agora Rodríguez Zapatero non ten amosado ser un líder socialista. Cecais varreu do seu carón a algúns que con Felipe González axudáronlle a este a facer o que non se debera. A grileira de baróns que por todo o Estado ten montado o PSOE leva á conclusión persoal de que si denantes era un partido centralista ¿fórono de sempre¿, agora hai virreis por todas partes: Maragall co seu federalismo asimétrico; Bono, Chaves e Ibarra, varrendo para as súas autonomías á marxe do líder recén elexido, etcétera. Felipe ten razón, mais non era sitio nin o lugar para dicilo.