ILEGALIZAR BATASUNA

La Voz

OPINIÓN

MANUEL REGO NIETO

19 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Coido que o primeiro que pedíu a ilegalización dos pro-etarras foi Manuel Fraga, hai desto xa unha morea de anos. Agora José María Aznar colleu a peito a ilegalización dos batasunos e parece que está a facer deste tema algo así como un testamento político para a súa retirada. A cúpula xudicial aprobou por escasa mairoría o sistema xurídico do Goberno, o cal quere dicir que non ollan moi claro os maxistrados discrepantes o articulado que levaría a ises douscentos mil votos ¿máis ou menos¿ batasunos á ilegalidade. Arzalluz decántase abertamente en contra da ilegalización e di que nin a un partido nazi se podería levar á clandestinidade. Debe de ser que el que estivo, cando era xesuíta, na Alemania, non lle pareceron unha xente peligrosa para a democracia. Madrazo, que agora se declara republicano e pide a volta do que o PC sempre defendeu ¿logo de xurar a Monarquía e aceptar a bandeira constitucional¿, oponse á ilegalización. Rodríguez Zapatero, como fai no tempo que leva á fronte do PSOE, non di si nin non senón todo o cotrario. Hai anos que non tiñamos un político que, como Zapatero, cambiase como o tempo. Ilegalizar Batasuna, ó meu xuízo, pode cecais traer máis problemas dos que xa hai no país Vasco. Os políticos teñen a palabra... que para eso cobran.