REPASO Á OPOSICIÓN

MANUEL REGO NIETO

OPINIÓN

16 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Ás veces as sesións parlamentarias sáense do aburrimento cotián. Pasou isto o mércores desta semán, onde o ministro do Interior e vicepresidente primeiro tivo que respostar á morea de preguntas do Grupo Socialista. É sabido que dende a chegada de Rodríguez Zapatero á secretaría xeral do PSOE, son os dun novo ¿novo ata en idade¿ equipo os que interpelan ó Goberno. As preguntas fóronse sucedendo, unha tras outra, e Mariano Rajoy exercendo de galego que fala o castelan, deulles un repaso de pai e moi señor meu. I é que esta nova fornada zapaterista non se sabe os deberes, e lánzanse sen paracaídas sobre o hemiciclo, sen pararse a pensar que na dereita ¿no PP¿, hay xentes como Rodrigo Rato, Aznar ou Mariano Rajoy que xa teñen más cuncha ca os galápagos. Son as cousas dos primeirizos... O que extraña, aínda que non tanto, logo daquel palabro de dona Carmen Romero ¿ las jóvenas ¿, é que fora ela a única da vella garda que lle tirara á iugular a Rajoy, e atopouse con que lle saíu o tiro pola culata: «Non penso que os españois sexan o que vostede dixo; fíxese que, na miña inxenuidade, nin siquera o penso de vostede». Toma castaña. Que lonxe están estes zapateristas do Alfonso Guerra, Morán, Boyer, etcétera.