ETA comezou matando policías. Eu non son policía... non me teño que preocupar. Logo gardas civís. Eu non son garda civil... non me teño que preocupar. De seguido, xornalistas. Eu non son xornalista... par que me vou preocupar. E xa seguíu cos políticos. Os da dereita. Da UCD e do Partido Popular. Eu non son de dereitas... despreocúpome. Máis tarde atentou contra hoteis, zonas turísticas. Eu non viaxo, son de terra adentro..., non se hai que preocupar. Agora, xa hai algún tempo, asasina socialistas. Eu non son socialista..., conmigo non vai a cousa. Tamén matou algún sindicalista afiliado ó Partido Comunista . Eu nunca fun sindicalista, e moito menos do PC... Que chova. O abano vaise estreitando. ETA non é de esquerdas -acaba de dicilo Nicolás Redondo Urbieta, o vello loitador da Unión Xeral de Traballadores¿, ETA é fascista. Os últimos asasinos da Europa ceibe e democrática son os iluminados, os descerebrados etarras. Queren un País Vasco independente e comunista, totalitario, que substitúa a vella Albania do socialismo máis real, posto en práctica. Bertold Brecht lémbranos o sucedido con Adolf Hitler na Alemania nazi. ¿Sónalles?