XOSÉ CHAO REGO
28 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Sagrada Familia. ¿Sacralización da familia? O Eclesiástico (c. 3) realiza unha construcción piramidal; cume, o patriarca. Os proxenitores sigan sendo invocados co nome de función -papá, mamá-, e non polos nomes propios. Deberiamos axudar á emancipación do neno, pícaro en galego, palabra que alude á picaresca; así mesmo, o neno seica é un cativo, vocábulo que procede da catividade, hai anos expresado na faixa que inmobilizaba. Moito deu que pensar este concepto vertical de familia, o de paterfamilias ou patriarca, a Freud e seguidores. Gérard Mendel escribe sobre «a revolta contra o pai». Para «descoloniza-lo ó neno», achéganos esta mensaxe da Unesco: «Os adultos, mesmo cando dan mostras de comprensión dos nenos, adoito se resisten a admitir que teñan existencia colectiva, opóñense a ela mediante diferentes recursos: a disciplina, os castigos, a competición, apelando ó amor propio e outros medios para que o neno se axuste á sociedade adulta». Asignatura pendente é a liberación do neno. Un dos factores que se reviraban contra o pai era a omnipotente tecnoloxía, e o neoliberalismo non se ve satisfeito se non é con dependencias infantís. Xesús tomou moi en serio a infancia. O deus Xano tiña dúas frontes: ollaba cara adiante e cara atrás. Pola porta de xaneiro (janua en latín) volveremos por Reis a este tema. Mentres tanto, ¡feliz euro novo!