CRÓNICAS INCONFORMISTAS
23 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Non podemos desentendernos dos problemas da Argentina. Dende o século XVI os galegos estivemos presentes na súa conquista. Acompañamos a Magallanes-Elcano na temeraria viaxe. Río Gallegos deixa, posiblemente, o nome dun descubridor dunha vea de auga doce. Os galegos Rodrigo Hernández e Francisco Araújo participaron no 1535 na conquista do Río de la Plata. No século XX Buenos Aires era a nosa quinta provincia, con cincocentos mil galegos e 450 sociedades que representaban a outras tantas bisbarras da nosa terra, cando os italianos, comunidade maior, tiñan unha soia sociedade: Forza e Benevolenza. Argentina, fértil e sete veces a extensión de España, con recursos excepcionais no subsolo, tivo un periodo espectacular de riqueza e bonanza democrática dende os tempos do xeneral Roca, finais do XIX, até a dos xenerais Uriburu e Castillo, no 1943. Acó entra en escea Perón como secretario de Traballo, onde fai concesións ós sindicatos, recibe agradecemento das crases desherdadas e a atención da poderosa CGT. O eslogan de Perón No 1946, os nostálxicos da democracia e as esquerdas (UCRP e socialistas) preséntanse unidos nunhas eleccións que encabezan Tamborini e Mosca. Fronte a eles Perón presenta unha formación «justicialista». O embaixador dos EE UU, Brandley, fai unhas declaracións insólitas apoiando en nome do Goberno que representa á coalición de Tamborini e Mosca. E Perón adoptou o eslogan «Brandley o yo», o que, entre as crases medias e baixas que odian ós gringos (ianquis) levou a Perón a unha presidencia absolutista, que se fixo coa totalidade dos sindicatos, empezando o labor demagóxico que se coñece da man de Eva Duarte. A cada intre decretábase «San Perón» como día de festa retribuído. Inglaterra tiña unha fabulosa débeda coa Argentina polos suministros de carne e grao durante a guerra e a posguerra, mentras os ferrocarriles arxentinos, que eran dos ingleses, entraran en ruina. Esto púñalle en bandexa a Perón un motivo para a súa demagoxia: «¡Argentinos! Los ingleses nos estuvieron explotando y es hora de que los FF CC sean nuestros». Os ingleses, que estaban dispostos a regalar ese ben envelenado, cancelaron a débeda con Argentina entregándolle os FF CC. No pobo había de todo e algúns creéronse que a revolución social tiña chegado, e un día queimaron unha igresia, e outro día queimaron a poderosa institución que era o Jokey Club, onde arderon dous cadros de Goya. Xa ó final, sóupose que Perón, xa exhausto de divisas, iba a entregarlle á Californian Petrol a empresa YPF. Este cúmulo de barbaridades decidiu a un grupo de militares rematar co peronismo, no 1955. YPF (Yacimientos Petrolíferos Fiscales) é una creación do xeneral Mosconi, para fixar a arxentinidade do seu petróleo. Arturo Frondizi foi o gran estudioso do desenvolvemento do petróleo seguindo as ideas de Mosconi, e cando chegaron ó poder os militares, educadiños todos en West Point, obrigaron a Frondizi a aceptar que os norteamericanos serían os que levantasen o crudo para llo vender a YPF. Logo, nunha reunión da CEPAL en Buenos Aires, Frondizi recibeu ós presidentes dos países que participaban, entre eles Fidel Castro, e os Estados Unidos recriminárono, e Frondizi nun discurso en Paraná dixo que a Argentina era un país soberano e recibía a quen quixera. Ó día seguinte os militares destituírono. Nos tempos de Videla asesinaron a 30.000 esquerdistas. Na desclasificación de documentos da CIA sóupose que estiveron eles inspirando a operación, mesmo que o derrocamento de Allende (e hai que pensar que estarán a facer o mesmo con Chaves). Logo Menem privatizou todo, e a costa de vender o país tiraron uns anos. O que me recorda a un outro país que ben coñezo. Diferente estratexia EE UU, que resolve os problemas do Oriente Medio con esas poderosas bombas que o acercan ao imprescindible petróleo de Kazajistán, en palabras de Powel, ten, como se ve, unha estratexia diferente con América Latina, comprensible. Cando me refiro ós EE UU non o digo polo pobo deste Estado que admiro polo seu saber e laboriosidade, senón polo establishment que domina a este imperio. Tamén sei que os peronistas non son todos iguais, aínda que traballen baixo este alcume, por unha certa tradición na que o pobo tivo unha esperanza. Outros factores contribuíron a crear os problemas que ten hoxe a Argentina; o autoabastecemento da Europa, a acomodación dos arxentinos nos loureiros doutras épocas, a metade da poboación arxentina, no que se coñece polo Gran Buenos Aires, desmantelado industrialmente hoxe, que é de onde arrinca a violencia...