MANUEL REGO NIETO DE COTÍO
27 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.A negativa da Real Academia Galega ás propostas de varios colectivos moi dignos e competentes -quede clariño- na reforma ortográfica da concordia, levantou queixas verbais moi violentas, dende que a Academia se deixou influenciar por axentes da política, ata chamarlles ós señores académicos pouco menos que persoeiros inservibles. A nosa escritura, máis que a fala, leva sufrido unha morea de modificacións: unhas moi acertadas, outras chocantes. Un exemplo: ¿a qué ven eso de que se pode ou debe dicir pra, pero que hai que escribir para? A Real Academia Galega é, ou debera ser, quen lle pon o rabo ás cereixas na cuestión idiomática. Sen que elo, claro está, impida que determinados colectivos moi representativos e capaces á hora de suxerir cambios interveñan na posta a punto do noso idioma escrito. Mais un servidor, polo que ten lido antes e despois da controvertida decisión dos señores académicos -adoptada por maioría- quere chegar a unha conclusión, que polo menos debera ter o respecto dos que opinan: ¿Foi presentado o estudio ós señores académicos para que somentes lle puxeran a firma? Se foi así, é inadmisible. E saíu o que saíu.