MANUEL REGO NIETO DE COTÍO
13 nov 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Esa lacra inexplicable, e sempre inxustificada, que desacouga a nosa sociedade, chamada ETA, esa lacra non pode ser explicada -nin xustificada- polo bispo emérito de San Sebastián, monseñor Setién, cando afirma que «tódolos terrorismos non son iguais». Monseñor Setién, que ten sen dúbida condenado o terrorismo cando exercía na súa diócese donostiarra, pecou de non se achegar ó pobo. Porque dende as súas crencias nacionalistas, non soubo facer o que fai o actual bispo Uriarte: achegarse ós maltratados polo terrorismo e consolar ós familiares e amigos. Ben sei que hai un terrorismo ofensivo, ou estructural, que exercen algúns estados represivos e opresivos. Non é o caso de España co País Vasco, por razóns mil veces explicadas. Tamén existe no mundo (e non quero dicir, nin digo, o mesmo que Setién) un terrorismo defensivo, que se ergue contra os estados que oprimen e reprimen. Aínda que haberá que dicir con toda a forza de que un é capaz, que ningún deles é defendible dende presupostos éticos e políticos. Coido que Setién terá claro esto último. Por iso non pode, agora que non exerce, xogar coas verbas...