UNIDADE E UNIFORMIDADE

La Voz

OPINIÓN

CRÓNICAS INCONFORMISTAS / Isaac Díaz Pardo

15 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Salvando o respeto histórico do que é acreedora, o termo escolástica tamén se emprega como peiorativo, como un xeito de impor algo aprendido que non admite que a verdade poda ser outra, o que supón un retroceso da liberdade pra avanzar dentro dos límites que temos pra movérmonos, pois, como deixou ver o poeta, somos un animal de fondo, un animal de fondo de ar, pegados á terra da que non nos podemos mover. Certo que recorremos o noso planeta con miles de avións a máis de mil metros do chan. Tamén somos capaces de manter unha estación espacial navegando polo valeiro a miles de kilómetros da terra que se mantén nun equilibrio das forzas tanxenciaes e gravitacionaes. Mais trátase dun alarde cun excepcional gasto de enerxía que é posible mentras fiquen reservas de petróleo e gas que acumularon e concentraron en millóns de anos elementos e movementos telúricos. Alguén dirá que outros combustibles con autonomía, como o hidróxeno, sustituirá aos combustibles fósiles, mais eu non sei se se poderá obter hidróxeno sen contar con outros elementos enerxéticos. Baixamos da física á realidade histórica na que hai moita escolástica que nos condiciona: hai movementos que con máis forza e veemencia tentan defender o seu carácter diferencial contra os que pretenden uniformalo todo. Velaí un dos problemas que temos no noso país, e máis concretamente na penínsua Ibérica, na que, loxicamente, debería existir un concerto peninsuar como hai en Italia correspondéndose co aillamento xeográfico. Ese concerto semella que estaba dado no nascemento dos povos hispanos da man do cristianismo, mais na sospeita de que os poderes que se crearan na meseta tentaran impor a súa uniformidade, máis que a necesaria unidade, o condado de Portus-Cale desbotouse dese concerto; e cando, cunha dudosa sucesión de dereitos, Felipe II recompón, previa ocupación militar, a unidade das Hespañas, quen o sucederon, tentando asimilar cultural e administrativamente a Portugal, éste logrou zafarse do cerco, e aínda houbo portugueses que lle esixían a Felipe IV que deixara de empregar o nome de Hespaña pois o seu reino perdera a máis importante das Hespañas que era Portugal. Os cataláns loitaron coas armas na man contra a exemonía centralista, mais o poder creado na meseta logrou someter a Catalunya. Así dominados militar e administrativamente os reinos naturaes, o que ficou da Hespaña, xa separado Portugal, pasaron 200 anos con máis pena que groria, deica que coa axuda dos franceses, os afrancesados eliminaron o que restaba dos reinos, que era pouco maís que o título, e repartiron o país en provincias, momento éste no que os povos máis diferenciados, Catalunya, Galiza e Euskadi, reaccionan e nasce neles o nacionalismo que conocemos, e que non fai máis que empezar. Isto confirma que a armonía, a unidade, nasce de concertar o que é diferente, mentras que o querer uniformar non fai máis que facer reaccionar ao que é diferente, ao que non é igoal, ás veces con violencia. No noso país, adormecido polos séculos, iste rexurdimento é débil, e así os poderes dun capitalismo salvaxe, non dun capitalismo lóxico, teñen colonizado todolos nosos recursos.