¿HAY INTERESES OCULTOS DETRÁS DE LOS INCENDIOS?

La Voz

OPINIÓN

EL DEBATE DE LAVOZDEGALICIA.COM

05 jul 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Unha explicación, por favor Ramón (Noia) Deixando a parte a ignorancia de moitos, a mala fé de moitos outros, eu pregúntome, por que non se dedican todos os medios materais e persoais que cada ano actuan na loita contra os incendios en medidas preventivas de limpeza dos montes, porque non se fomenta e axuda á repoboación con especies autóctonas. O que están a facer cos nosos montes as multinacionáis do papel tan so é explicable nun país tercermundista. ¡Que mágoa!... Plataforma antiincendios Luz (Pontevedra) Si, interesalle a moita xente, madeireiros, etc., pero tamén é froito da ignorancia de moitos agricultores e gandeiros que querendo conseguir pasto para os animais provocan incendios que dan lugar a augas contaminadas e desertización, entre outras moitas cousas. Teño un irmán traballando nun retén antiincendios e podo asegurar que non lles interesa que arda o monte porque poden estar ata 24 horas traballando e non cobran unha sóa hora extra. Saben cando entran, pero non cando salen. O lume interesalle a moitos Outarelo (O Barco) Penso que a maioría dos incendios son intencionados e os culpables son os madereiros, os contratados para brigadas contra incendios e os pastores. Debíanse adotar medidas contra eles, por exemplo, que non se poda comprar madeira queimada... O máis grave e que cada ano arde máis bosque e cada ano plántanse menos árbores. Por favor, fagamos bosques autóctonos. Interés en que siga habendo Antón Méndez Gándara (Lugo) En torno ós incendios forestáis a Xunta propiciou a aparición dunha economía do lume. Hai xa moita xenta que vive da extinción de incendios. Na Limia, por exemplo, hai moitos mozos que teñen nesta actividade unha fonte de ingresos segura. Para algúns é a única, xunto coa paga dos vellos. ¿Cómo explicar, senón, que sexa Ourense a provincia máis castigada cando é a de menor superficie arborada?. Aquí o terreo non é cobizado polas inmobiliarias nin polas madereiras (non hai madeira). Tamén os gandeiros teñen moito que ver, sobre todo nos lumes de final de temporada. O ano pasado, en outubro, unha finca nosa con árbores ardeu na Limia porque o veciño quixo renova-la súa leira (a carón da nosa) co mordernísimo sistema de campos queimados. E así pasou noutras 30 ou 40 fincas máis. Pero daquela, xa non había brigadas. PP, FINSA, ENCE, etc... Xosé Manoel (Ourense) Se non os houbera, non ardería tanto. Que lle pregunten a quen máis tallada saca: ó PP (que apaña votos por cada peón de brigada antiincendios que contrata) ou o xigante FINSA (Financiera Maderera SA) ou cecais a ENCE, a quen lle interesa manter baixo o prezo do eucalipto. Millonadas en guardias Lucía Iglesias (A Pobra) Unha das razóns dos incendios forestais son as guardias que cobra o persoal adicado a tales tarefas, como exemplo. Un xefe de distrito, preto de 900.000 pesetas de guardias; un xefe de servicio, un millón e medio en tres meses de verán; un técnico de base, 670.000; un garda forestal, 450.000; un capataz, 250.000. O director xeral de Montes, nove millóns e medio ó ano máis dietas e guardias. En fin, xa ven vostedes se non hai intereses para que seguen a arder os nosos montes. A isto se lle chama despilfarro de diñeiro público. ¿Qué incendios? Ubi (As Pontes) ¿Pero no habíamos quedado en que desde que llegó D. Manuel se habían acabado los incendios y que la superficie quemada a fin de año era una nimiedad? A qué juegan ustedes. ¿hay incendios o no? ¿Cuánta superficie quemada hay realmente? ¿Se sabe o en los diarios ponen la superficie que les indican en la Xunta? ¿Quién contrata las cuadrillas antiincendios y los aviones?... El reino europeo del eucalipto Alonso (A Coruña) Hay una especie arborea (eucalipto) a la que los incendios favorecen. Por lo tanto, averiguando a quiénes beneficia esta circunstancia se podrá saber quiénes son los que están interesados en que los incendios continuen. La lucha contra incendios debe ser, en primer lugar, preventiva y desarrollada todo el año (limpieza de montes, repoblación con especies frondosas autóctonas, etc.) y adoptando medidas para parar la invasión de la peste verde (eucaliptos) que está desertizando Galicia. Estamos moi preocupados Productor forestal (Fene) En Fene sufrimos incendios tódolos anos. Últimamente, dende Santiago nos responden que «sólo fueron dos». Ou sexa, que non é para tanto. No monte comunal de Marraxón, cando logramos recuperalo os veciños, chegou a haber ata seis lumes nun só día. Zona case sen habitar, a plena luz do día, visibilidade magnífica, accesos limitados e prefectamente recoñecibles. Xamais detiveron a ninguén. Iso, malia que as protestas chegaron ao Parlamento Galego. Nos demais montes, tamén pegan lume. Pedimos axuda. O alcalde xa falou no seu día co gobernador civil. Non sabemos qué facer. ¿Cuándo aprenderemos? Loly (Lugo) Mientras no tomemos ejemplos de otros países, por ejemplo los del norte de Europa, en cuanto a su filosofía y forma de trabajo a la hora de tratar los recursos madereros de su país, no conseguiremos nada bueno. Hoy en día existen demasidas personas que sólo ven el dinero fácil que les produce quemar un bosque sin pensar en el día de mañana (pan para hoy, hambre para mañana. Hay demasiado dinero por medio y demasiados colectivos implicados (ganaderos, empresas madereras, etc.) cuando se produce un incendio. Mientras no se aprenda las leyes deberían ser mucho más duras para los que provocan y se benefician de los fuegos provocados ¿La esquina verde? Ramón Novoa (Madrid) Cada año se producen infinidad de incendios forestales en Galicia. La mayoría no me cabe la menor duda que son intencionados por quema de rastrojos, aclarado de monte para pastos, industria de celulosa, etc.. Existe también el incendio por negligencia de personas que paseando por el monte tiran una colilla al suelo, y el típico conductor que arroja la colilla por la ventanilla del coche. Todos deberíamos tomar conciencia de lo que nos jugamos con estas malas prácticas. La Admistración debería poner más medios para combatir los incendios con fuertes campañas de información ciudadana y adoptando al mismo tiempo las medidas políticas y materiales necesarias para que esta lacra se erradique de una vez por todas.