PACTAR

La Voz

OPINIÓN

LÍNEA ABIERTA / Manuel Rego Nieto

15 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Mayor Oreja quixo reconquistar o País Vasco. Seu discurso e mailo de Aznar (Fraga axudou con aquelo de que o euskera é unha lingoa prehistórica), déulle pé aos do PNV -o tolo, de Arzalluz, tivo lucidez- para se sentir españolizados de novo. As enquisas do CIS daban na diana, e por iso Aznar non quería que saíran. O PSE de Redondo segue onde solía. Non foi capaz de lle roubar votos a Izquierda Unida. Os batasunos, entre tiros na caluga e bombas, seguen a ser os monaguillos de ETA. Otegui o primeiro; claro que de pouco vai valer que Garzón ilegalice á rapazallada. Onde realmente se ilegaliza en democracia é nas furnas... Máis o País Vasco ten pendente o do día a día. Hai que quitar das rúas, como prioridade para gaña-la paz e o autogoberno en toda a amplitude estatutaria; hai que darlle á policía autónoma tódolos medios para que as rúas do País Vasco sexan de tódolos cidadáns de ben. Para isto sería bo que o PSE chegara a un acordo co PNV. Darlle maioría absoluta a Ibarretxe. Facer un reparto de carteiras, onde socialistas e nacionalistas pensen na pluralidade da cidadanía vasca, e non exclusivamente no electorado peneuvista. Na vertebración da España das autonomías -¿por que non a España federal?-, os vascos deben ter as cotas máximas de autogoberno, sen rachar con España. Só así o fenómeno etarra -asemade da persecución policial-, pasaría a marxinalidade e a futura desaparición. É a hora do pacto.