CANTARES GALLEGOS

La Voz

OPINIÓN

21 abr 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai quen considera Follas novas a mellor obra lírica de Rosalía de Castro. Pero Cantares Gallegos é o fito do Rexurdimento, o primeiro libro escrito en galego con alcance universal. De feito, a data da súa dedicatoria, 17 de maio de 1863, foi a elixida para conmemorar, tódolos anos, o Día das Letras Galegas. Entre os 36 poemas do libro, algúns, como Adiós ríos, adiós fontes, Airiños, airiños, aires ou Campanas de Bastabales son xa inseparables da cultura popular de Galicia.