MANUEL REGO NIETO
27 feb 2001 . Actualizado a las 06:00 h.ETA naceu nun seminario. Gañaron o aplauso de moitos demócratas cando o almirante Luis Carrero Blanco subiu ó Ceo en Claudio Coello. Mataban con selectividade. Logo, coa amnistía e chegada a democracia, os máis esquerdosos diste país -España- vaticinaron a súa desaparición. Mais ETA seguiu a súa andaina macabra. Agora matan sen ollar a quen. ¡Que máis dá! A reconstrucción nacional de Euskadi ben o merece. Dicía Valle-Inclán que os había «brutos, moi brutos e de Tudela». Non tiña razón o carlino galego. Só son asasinos os que matan... Nesta hora de destape, onde cada quen xa se vai atrevendo a dicir o que quere -salvo algúns na nosa Terra-, o PNV fala de independencia. Marta Ferrusola -dama consorte do Honorable- sóltase o cabelo e di o que fai moito tempo tiña calado: os que veñen falan castelán, queren erguer mezquitas, e aínda por riba piden de comer..., e o meu marido dallo... A dicir verdade, non sei quen é máis xenófobo: Arzalluz coa súa verborrea demencial, ou ise oitenta por cento que di Pujol, que pensa como a súa dona Marta Ferrusola. O primeiro, en bruto (Valle-Inclán dixit), a segunda en fino de dama que vende flores... Iste é o Carnaval sen caretas. Pois a faciana cuberta, só a levan os da policía...