COMUNISMO

La Voz

OPINIÓN

MANUEL REGO NIETO

29 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.

A Unión do Povo Galego camiña cara ningures. Digo esto logo de ollar como somentes recoñecen no seu X Congreso que o comunismo tan defendido e proclamado -«¡Os únecos comunistas galegos somos nós...!», dogmatizaba seu líder aló polos sesenta-, queda como método de análise. Ramón Luis Acuña di en El deber de tolerancia que «O comunismo enxendrou unha grande esperanza coas súas promesas de igualdade. Mais resultou un fraude e dexenerou deseguido nunha dictadura». E o presidente checo Havel sentencia: «Ou ben tódolos dirixentes comunistas eran uns malvados ou ben é o sistema o que non vale». Quixera saber que razóns ten a UPG para deixar de ser comunista e afirmar que a independencia é «unha vacuidade política». Niste país xa ninguén quere ser tildado de dereitas, menos de esquerdas..., e ollar o embigo, chamado centro, para como proclaman os upegallos, non ser «un atranco para a interlocución, o diálogo e a atracción dos sectores da pequena e mediana burguesía mercantil ou industrial do noso país». O camiño cara ningures, non é unha sospeita, senón unha realidade. Boa viaxe.