LA SANIDAD Francisco Cerviño, médico y responsable de Sanidade del PSdeG, considera en su artículo que la atención sanitaria es un derecho social y universal «que o Estado está obrigado a satisfacer a tódolos cidadáns, e que non pode estar sometido á regra do beneficio, ou da oferta e a demanda. Este é para mín o principio básico de filosofía política que sustenta todo o edificio da idea que temos sobre o sistema sanitario que queremos para o noso país». Comparte así con Rawl la idea de igualdad de derechos sociales y culturales.
15 dic 2000 . Actualizado a las 06:00 h.O sistema sanitario español actual, é dentro del o galego, aproxímase a este desideratum, pero non está nin moito menos exento de problemas e, debemos tratar de dárlle solucións. Mais para solucionar estes problemas non é preciso, na miña opinión, facer grandes cambios nun sistema que funciona razonablemente ben aínda que teña importantes ineficacias a nivel micro, como as listas de espera inaxeitadas. Desmárcome de todas esas receitas a la moda, tales como a separación de financiamento, compra e provisión de servicios ou o establecemento de competencia entre centros sanitarios que no Reino Unido levaron, cos gobernos conservadores, a unha caída da calidade da atención, e en Cataluña a un aumento desmesurado do gasto sen un mellor servicio senón, máis ben ó contrario (ahí está ese recente informe que pon de manifesto que a atención ós infartos de miocardio é a peor de toda España). Na miña opinión os cambios na xestión deben facerse sobre o actual modelo, buscando imaxinativamente, medidas que flexibilicen as relacións laborais e incentiven ós profesionais do sistema, e que melloren a función de compra. Ademáis nun próximo futuro: desenvolver un amplo sistema de atención sociosanitaria, no que España, e sobranceiramente Galicia, está moi atrasada. Un sistema sociosanitario que se convirta na cuarta parte do Estado de Benestar; cada vez estamos máis convencidos que ese sistema debe ser de prestación universal e gratuita. Recupera-lo espíritu da Reforma do 83 na Atención Primaria. Prestar especial atención á asistencia siquiátrica, por desgracia en case total abandono polas actuais autoridades sanitarias galegas. Incrementa-los recursos epidemiolóxicos de tal xeito que poidamos prestar atención ós retos que as novas patoloxías nos presentan relacionados co envellecemento (demencias, tumores, etc.) e con novas enfermidades tal como sucedeu nos anos 80 co Sida. Está claro que para levar a cabo esto necesitamos incrementa-lo gasto sanitario público que en España é aínda inferior á media da OCDE (6,21% do PIB, fronte ó 6,6%), e dende logo no financiamento en Galicia tratar de introducir factores correctores en relación co envellecemento e a dispersión da poboación. Tamén cremos que o financiamento debe ser público e con cargo ós Presupostos xerais do Estado, como é agora na súa maior parte, porque esto convirte o sistema sanitario nun instrumento redistribuidor solidario de recursos. Para o futuro, pois, nós seguimos apostando por un sistema nacional de saúde, universal e gratuito e de provisión esencialmente pública tal e como deseña a Lei xeral de sanidade de 1986, de Ernest Lluch. Un sistema sanitario que permitíu acadar cotas de calidade iguais ós dos países máis desenvolvidos do mundo, aínda que non exento de ineficacias que hai que tratar de resolver aumentando o presuposto sanitario e con imaxinación, pero sen caer no papanatismo e no efecto moda.