EL DEBATE A polémica estase dando en países fortes da Unión Europea. As presións dos profesionais do transporte están facendo pensar a gobernos como os de Gran Bretaña, Francia, Alemaña ou Bélxica, e España non vai ser unha excepción. Hai que buscar solucións ás imparables subidas de prezo dos combustibles. As petroleiras non ceden. ¿Deben os gobernos baixar os impostos sobre os carburantes?
13 sep 2000 . Actualizado a las 07:00 h. A FAVOR ¡QUÉ GRAVEN ÁS PETROLEIRAS!
Juan Carlos Ulla
A Asociación de Consumidores Galegos considera que si se deberían baixar os impostos que gravan ós carburantes, e evitar así o afogo que veñen sufrindo os sectores económicos, que xustamente tratarán de repercutir no consumidor final nos seus productos e servicios. Esta menor recadación para as areas do Estado debería ser compensada gravando os case inmorales beneficios das mesmas petroleiras e doutros sectores económicos de amplos e rápidos beneficios, recadación que debería ser destinada á investigación e posta en marcha doutras alternativas enerxéticas distintas ó petróleo e evitar así a nosa dependencia.
Baixa-los impostos de xeito transitorio permitiría a curto prazo amortece-la caída da capacidade adquisitiva derivada da suba dos prezos dos carburantes, co inconvinte de aumenta-la demanda agregada nun momento no que España está a vivir xa un repunte da inflación. De facerse unha rebaixa coordenada en tódolos países europeos, o Banco Central Europeo veríase na obriga de aumenta-los tipos de xuro ou ben os gobernos nacionais terían que incrementar outros impostos e recortar o gasto público. Senón, a demanda podería dispararse e a actual fase de crecemento en Europa rematar antes de tempo.