MANUEL REGO NIETO
13 jun 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Un dos acontecementos que nos ofrece a política, é, nesta primavera, o proceso pre-elec-toral do PSOE. O segundo partido máis votado non ten tempo de facer oposición ó goberno, pois está metido de cheo en refundar o que Felipe González deixara atado e ben atado. Bono di unha cousa. Matilde Fernández, outra. Rosa Díez o que lle peta, e Zapatero... bueno, Zapatero ós seus zapatos. Contaba meu bo pai aquelo dun director dunda banda de música que, denantes do concerto, explicáballes ós instrumentistas: «Que o metal distorsione, bueno, non pasa nada. Que a madeira desafine, paciencia. Que o do bombo e o dos platillos entren a destempo, que lle imos facer. Mais, por favor, señores, toquen todos a mesma peza». Diso se trata no vello partido que fundou Pablo Iglesias. Porque a militancia _e mailos respetables ciudadáns que escoitan_ desexa que se fagan as cousas ben. Democráticamente. Inda que distorsionen, pero que todos saiban no partido que están. De onde veñen e a onde van... coa mesma peza.