ATUTXA

La Voz

OPINIÓN

X. L. FRANCO GRANDE

09 jun 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

Todo pon de manifesto que nesta ocasión ten razón Juan María Atutxa: que se lle ocultou, polos máximos responsables da loita antiterrorista, que era seguido por membros dunha banda armada. Un pensa que se fixo o silencio porque se procuraba un éxito propio e non interesaba compartilo con ninguén, ou, ó mellor, porque, despois de todo, Atutxa é un nacionalista e mellor fose que non existise, nin o que representa. Irresponsabilidade Pura irresponsabilidade en calquera caso. No primeiro suposto porque constitúe grave imprudencia non avisar ó afectado de semellante risco, e no segundo porque sería esquecer que as institucións do Estado son as mesmas, á marxe de quen as sirva. Os novos feitos reafírmannos no que dixemos noutro conxeito semellante: que mesmo semella, por imposible que pareza, que o Goberno ten un plan para enrabechar a boa parte do país. E agora tamén, polo que se ve, outro para mirar de esguello algunhas instalacións do Estado. Rara maneira, abofé, de facer política.