17 sep 2012 . Actualizado a las 11:34 h.
Roberto Vidal Bolaño será un dos protagonistas literarios do vindeiro inverno. A pesar da limitada edición teatral en galego, o Día das Letras Galegas reactivará a presenza do teatro nas lecturas e nas librerías en Galicia. Será Positivas quen asuma a tarefa de publicar as obras completas de Roberto Vidal Bolaño, acompañadas por unha biografía escrita polo seu fillo, Roi Vidal Ponte, e que incluirán textos inéditos.
As obras do dramaturgo irán agrupadas seguindo un criterio temporal e, segundo a editorial, os libros terán un prezo económico para que os seis volumes non alcancen os 20 euros.