Xermade dinamiza, un ano máis, o audiovisual e o rural

Laura López LUGO / LA VOZ

XERMADE

Rodaxe de «A poeta analfabeta»
Rodaxe de «A poeta analfabeta» cedida

A Invernada de Cine de Cabreiros comezará o día 23

19 oct 2021 . Actualizado a las 13:26 h.

Entre outubro e decembro • 18.30 horas • Casa Escola de Cabreiros (Xermade) • Todas as sesións son aptas para todos os públicos. Hai aforo reducido, Información e reservas no teléfono 606 282 251 ou no 686 104 780 • 

Xermade dinamiza, un ano máis, o audiovisual e o rural galegos cunha nova edición, e xa van nove, da IX Invernada de Cine de Cabreiros, que comezará este sábado, día 23, e se prolongará ata o 18 de decembro. Será na Casa Escola de Cabreiros e contará con proxeccións audiovisuais, presentacións literarias, charlas e monólogos.

 

O programa da Invernada é o seguinte:

· 23 de outubro, 18.30h. A poeta analfabeta, de Sonia Méndez. Trátase dun documental que dá a coñecer a figura de Luz Fandiño, poeta compostelá, nacionalista e feminista, que se viu obrigada a emigrar na época franquista, pero nunca perdeu de vista Galicia.

· 6 de novembro, 18.30h. Bravas, de Isabel Risco. Produción teatral sobre mulleres sen medo, que paren e amamantan.

· 13 de novembro, 18.30h. Negro púrpura, da Productora Illa Bufarda. Sobre LSD, multinacionais farmaceúticas, pragas medievais, medicina popular e CIA, conectados por un fungo alucinóxeno coñecido como o ouro negro na Galicia do século XX.

· 20 de novembro, 18.30h. Otra educación con cine, literatura y canciones, de Jaume Carbonell Sebarroja e Jaume Martínez Bonafé. Presentación dun ensaio divulgativo sobre a infancia e a xuventude, e a proxección de Buda explotó por vergüenza, de Han Makhmalbaf, que narra a historia dunha nena afgá que loita por ir á escola e recibir unha educación.

 

 

· 4 de decembro, 18.30h. Monólogo, de Oswaldo Digón, con humor teatral, nostálxico dos 80 e retranca.

· 18 de decembro, 18.30h. Espectáculo de maxia e comedia a cargo de Álex Louzao.