lugo / la voz

Ao ritmo que marcan gaitas e pandeiretas Cesáreo, alcumado O Magnífico, comeza a desfilar ante a mirada de asomo de cantos lle abren camiño. Deslízase con garbo sobre os adoquíns do casco histórico alleo ás miradas, atento soamente ás indicacións de Saúl Rouco e, tamén hai que dicilo, ao capacho con restos de comida que o flanquea pola dereita. Aos seus cinco anos, é un veterano no mundo do espectáculo gandeiro. O de onte foi o seu terceiro desfile de gando do San Froilán e nótanselle as táboas. Loce orgulloso os seus ben levados 320 quilos de carne cen por cen porco celta, sabéndose o Jon Kortajarena da granxa vilalbesa Fraga do Couto.

O porco Cesáreo tivo a honra de abrir un desfile no que non faltaron galiñas de Mos, cans de palleiro, cabalos de pura raza galega, un impoñente frisón e dous espectaculares shetland e mini-shetland, e mesmo algunha cabra autóctona que o condutor do desfile tivo a ben comparar cunha auténtica desbrozadora natural para os montes galegos.

Pero o momento máis emotivo tivo ao burro Cuco como protagonista. Chegou da man do seu actual dono Luís, e ao amparo da arcada do concello reencontrouse co seu anterior propietario, o exdeputado do BNG Emilio López, Milucho, que non dubidou en erguerse da cadeira de rodas coa que convive dende que un ictus lle reducira a mobilidade alá polo 2016, para aloumiñar ao precioso asno co que tantas historias de sindicalismo compartiu.

E como colofón, o desfile de gando con animais de pura raza galega, no que destacou o touro Navarro cos seus 1.500 quilos de calidade autóctona.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

O asombroso porco Cesáreo e o burro Cuco