Aqueles días do coche de liña

VILALBA

13 dic 2016 . Actualizado a las 10:21 h.

Gustaríame que un fotógrafo de sempre, dos clásicos, como Guillermo Peinó, puidese ver o tempo dixital. Saber qué opinaba ao non ter que saír necesariamente tódolos días ás catro da tarde da súa casa de Ortiz Muñoz (si, Ortiz Muñoz, ese era o nome da rúa) para chegar a tempo ó coche das cinco e media da Empresa Ribadeo, que tampouco existe. Tamén gustaría ver a súa cara cando, acabada a feira dos capóns de Vilalba, non lle fose necesario volver axiña a Lugo para revelar a tempo. Peinó Mosquera foi todo un fotógrafo de casta, que deixou pegada entre os que tivemos a sorte e o pracer de ter traballado con el.