O colexio La Merced de Sarria pasa de rolda no Ecopreguntoiro 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

SARRIA

ECOVOZ 2022 | Os escolares deste centro superaron no encontro ao Padre Crespo de Xunqueira de Ambía 

28 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Ecovoz, o programa que emite Radio Voz os venres de 17.00 a 18.00, continúa unha semana máis, ao igual que o concurso Ecopreguntoiro. Na último cita, enfrontáronse os colexios La Merced de Sarria e Padre Crespo de Xunqueira de Ambía. Pasaron os primeiros con Luis Piñeiro, María López, Noa Losada, Mateo Doval e Siro López. O equipo ourensán estivo formado por Daniel Seguín, Mauro Conde, Pablo Rodríguez e Paula Cid.