A vila acollerá diferentes iniciativas culturais e educativas ao longo do mes de marzo
05 mar 2019 . Actualizado a las 12:47 h.Do 7 ao 29 de marzo • Sarria •
O Concello de Sarria dará voz ás mulleres coa terceira edición do programa Vivas e Visibles. Con motivo da celebración do 8 de marzo, haberá ao longo do mes diferentes iniciativas culturais e educativas para «promover unha concienciación cidadá sobre a necesidade dunha igualdade real e efectiva». A programación foi presentada pola concelleira de Cultura e Igualdade, Mónica López, e o tenente de alcalde, Efrén Castro.
Xoves 7
Eva Mejuto dá a coñecer mulleres silenciadas da historia a través do seu libro A memoria do silencio, nos centros de ensino secundario da vila, nun acto no que estará acompañada pola cantautora Su Garrido Pombo. Paralelamente, a exposición Esquecidas cambia o seu formato para instalarse no IES Xograr Afonso Gómez e no IES Gregorio Fernández, para achegarlle ao alumnado a historia das mulleres de Sarria.
Sábado 9
II Carreira da Muller «Vivas e Visibles», que partirá ás 18.00 horas do Malecón. Inscricións en https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1763/ii-carreira-da-muller-vivas-e-visibles-sarria.
Domingo 10
Homenaxe ás mulleres da comarca de Sarria, ás 19.00 horas na Casa da Cultura. Baixo o título «Ollares de liberdade» serán protagonistas, entre outras, Palmira Díaz Gallego, Teresa López Méndez, Purificación García Hevia, Pilar García, Marité Guillade, Concha López Fernández, Violeta Bernardo e Amable Alonso.
Días 15, 28 e 29
Obradoiro de Danza Contemporánea pola Igualdade, a cargo da psicóloga e bailarina Xiana Vilas, nos centros de primaria CPR da Asunción, CPR da Merced, CEIP Antonio Fernández López de Oural e no CEIP Frei Luís de Granada.
Venres 22
I Encontro sobre Violencia Machista e Medios de Comunicación, ás 20.00 horas na Casa da Cultura. Charla e debate moderados pola coordinadora do programa Vivas e Visibles, María Xesús López Escudeiro. Participarán as xornalistas Elisa Beni, Fernanda Tabarés, Ana Casanova e Laura López.