O Tapicheo poderase degustar en 24 locais

SARRIA

lopez paz

O concurso de tapas en Sarria celebrarase do 5 ao 9 de decembro

04 dic 2018 . Actualizado a las 12:37 h.

Do 5 ao 9 de decembro • Horario de degustación de 20.00 a 23.00 horas (mínimo e obrigatorio). Algúns establecementos ofrecen tapas tamén ao mediodía • De 1,5 a 2 euros • Sarria • 

Sarria celebrará o Tapicheo do 5 ao 9 de decembro, con degustacións en 24 establecementos da vila. O concurso de tapas chega á súa duodécima edición cunha gran variedade de pratos e case vinte premios para quen vote.

Os clientes que completen a tarxeta de votación con 24 selos entrarán no sorteo dun bono regalo para unha viaxe, ademais do resto de sorteos, aos que tamén poderán optar quen complete 15 selos: nove ceas para dúas persoas, unha fotografía artística impresa, tarxeta-regalo de Viaxes Ecuador, botellón de Rioja Lan e de Ribeiro Viña Costeira, seis copas, dous lotes de tres botellas de viño e unha botella de Jack Daniel’s.

Os locais participantes, distribuídos en cinco rutas, son os seguintes:

RUTA AZUL

1. Restaurante O Descanso

Calvo Sotelo, 223. Pechado 9. «O Saquiño» 2€

2. Dp Cristal

Calvo Sotelo, 198. «Carrilleiras con salsa de fungos e castañas» 2€

3. Cafetería El Parisien

Calvo Sotelo, 180. Pecha o 9. «Hamburguesiña do monte» 2€

4. Bar Rosyl

Calvo Sotelo, 162. «Mexillóns en salsa mariñeira» 1,50€

5. D’Orixen

Calvo Sotelo, 165. «Ruralízate» 2€

RUTA VERDE

6. Tucán

Calvo Sotelo, 138. Mediodía. «LaVeBe» 2€

7. Triskel

Avda de Becerreá, 15. «As delicias do Triskel» 2€

8. Don Pepe

Calvo Sotelo 126. «¡¡¡ Oído Cociña!!!» 2€

9. Xarope

Paseo do Malecón, 5. «Sen Título» 1,50€

10. Cafetería Central

Calvo Sotelo, 112. «Tradición Renovada» 2€

RUTA AMARELA

11. Cafetería Next

Malecón, 14. Mediodía. «Mariñeiro montañeiro» 2€

12. Cafetería Santiago

Malecón, 15. «Feitizo» 2€

13. Mesón Roberto

Malecón, 16. «Tomate-lo con queixo e anchoas» 2€

14. Alfonso IX

Peregrino, 29. Mediodía. «Tulipa rechea de rabo de touro» 2€

15. O Chanto

Parque do Chanto. «Lasaña de chipiróns» 2€

RUTA LARANXA

16. Montecarlo

Rúa Diego Pazos, 1. «Salteado Cuyaguero» 2€

17. Travesía dos Soños

Travesía da Igrexa, 5. «Menú» 2€

18. Casino

Rúa Maior, 65. «Queen in the north» 2€

19. Camiño Francés

Rúa Maior, 19. «Albóndega do Monte» 2€

RUTA VERMELLA

20. DPont

Calvo Sotelo, 74. Pechado o 9. «Dpont» 2€

21. Adarve

Diego Pazos, 42. Pechado o 9. «Pastel de Pobo» 2€

22. A’ Oficina

Rúa Gregorio Fernández, 36. «Oficina» 2€

23. 8mm

Diego Pazos, 59-61. «Bocadiño de porco na batea» 2€

24. As de Picas

Rúa Diego Pazos, 72. «Tenrura do Picas» 2€