Xerardo Quntiá gaña o Fiz Vergara cun poemario baseado na memoria
27 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.Fornelos & fornelos. Velaí o nome da obra que onte foi considerada gañadora do Premio Fiz Vergara Vilariño, cuxo xurado celebrou a reunión en Sarria. O premio acordou por unanimidade conceder o premio á devandita obra, presentada por Xerardo Quintiá.
O xurado, segundo amosou tras a xuntanza, considerou que a obra merecente do premio constitúe unha interesante «exposición da perda dun mundo de aldeas que se transforma en escritura». Trátase, tal como salientou o xurado, dun exercicio de memoria «sostida no idioma dun neno que herda un lugar que se esvae».
Unha das cuestións interesantes da obra é que non remata con este poemario, senón que forma parte dunha triloxía, ccomo o autor recoñeceu. Xa que logo, o xurado manifestou a súa ledicia por ter dado un premio a un proxecto «máis ambicioso que agarda ver medrar no futuro».
O premio, convocacado pola Asociación Cultural Ergueitos coa colaboración do Concello, tivo como membros do xurado a Chus Pato, Xiana Torres e Baldo Ramos, mentres que Xermán Arias, concelleiro de Cultura sarriao, e María Casar, directiva do colectivo organizador, tiveron voz pero non voto. A entrega celebrarase o 7 de maio.