Crónica | A romería dos Remedios no alto de Cesar
08 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.«O ano pasado se intentabas entrar na capela subíante en volandas». Esta comparación feita por unha veciña de Os Remedios exemplifica a pouca participación na romaría deste ano. Onte era o día grande das festas dos Remedios e festivo local en Sarria. Non obstante, entrar na capela en hora punta, xusto despois da procesión, era posible (que xa é moito) e o campo da festa estaba máis vacío que noutras ocasións. Un dos organizadores, Manolo González, estimou a asistencia nun 75% menos que o ano pasado o cal, ademáis de quitarlle colorido á celebración, deixa á comisión «algo colgada para afrontar tódolos gastos». A chuvia e o frío fixeron que moitos dos espacios que a xente acotara con cintas os días anteriores, quedasen valeiros. Tamén algunhas mesas estaban cubertas con plásticos e sen comensais para ocupalas. Pero o maratón de misas cumpliuse. Dende as 8 da mañá ata as 14 horas, e pola tarde outras dúas. Esta oferta completouse con orquestra, atraccións e bares, sobre todo bares. Un camareiro cruza o campo a paso lixeiro e pídelle a outra compañeira unha botella de vermú. «Xa o rematamos» asegura. Pois ó mellor non hai tan pouca xente como parecía.