Unha longa polémica que se remonta ó ano 1996

La Voz

SARRIA

01 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?egundo a asociación veciñal, que ten recopilado unha extensa documentación sobre o asunto, as obras que se executan na saída de Sarria a Pintín non só están infrinxindo as normas de protección do patrimonio, senón que tamén incumpren unha sentencia que emitiu no ano 2000 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e que declaraba nulas todas as decisións tomadas a este respecto desde que comezou a polémica en torno a este proxecto, que data de 1996. A aprobación que concedeu o pleno municipal en febreiro de 2001 ó estudo de detalle desta obra, en opinión do colectivo de veciños, non respecta o contido desta sentencia e por tanto non ten validez legal.