O centro sempre funcionou, a pesares de varias crises

La Voz

SAMOS

27 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

O 22 de xuño foi entregado o hospital ao Concello e na sesión de 15 de xullo a Corporación enterada de que e representación da señora Marquesa fixera entrega del, ao non dispoñer da copia da escritura deixaban para máis adiante tratar do asunto. Don Amador Macía propuxo que «para perpetuar a memoria da Marquesa de Casa López, viúva daquel distinguido sarriao e benfeitor deste pobo, se coloque unha lápida, no sitio que se considere axeitado no hospital que acaba de construír, na que se signifique o seu xeneroso e caritativo desprendemento coa gratitude de Sarria».

O concelleiro Víctor Castro propuxo que como do anterior acordo se lle dea o nome da Marquesa de Casa López a ría que vai de Matías López a estación do ferrocarril e tamén por unanimidade, acordouse como foi proposto polo señor Castro (e non se levou a efecto).

O de darlle o nome da Marquesa ao treito da estrada de Samos comprendido ente o cruce de Catro Camiños e a Estación non se levou a efecto (rematou sendo a rúa Alfonso XIII), e anos despois acordarían darlle ese nome ao antigo calellón de Moreno.

A dotación dun hospital para Sarria, co acompañamento da dotación e fondos económicos para o seu sostemento con xenerosidade pouco usual, achou o xeral recoñecemento do pobo, e só o feito de que as sucesivas crises económicas fixeron que a dotación fose co tempo só simbólica, levou a que o hospital Nosa Señora do Carme contase con medios precarios, mais non por iso o Concello e os directores do centro deixaron de levar adiante a xestión dun centro que acolleu a moitos menesterosos.