Teatro galego e histórico na Casa-Museo de Manuel María

OUTEIRO DE REI

Esta tarde representarase en Outeiro de Rei «Mal de moitos»

20 ene 2018 . Actualizado a las 11:16 h.

Hoxe • 20.00 horas • Casa-Museo de Manuel María • Outeiro de Rei • Entrada libre e de balde • O sainete teatral Mal de moitos chega esta tarde á Casa-Museo de Manuel María da man do grupo de teatro da Sociedade Cultural Medúlio (Ferrol). A peza está dirixida por Francisco Rodríguez e o reparto compóñeno Roberto e Felipe Vázquez.

A obra foi escrita no 1915 por Euxenio Charlón e Manuel Sánchez Ermida, dous dos impulsores do teatro galego, pertencentes á Irmandade da Fala de Ferrol. Mal de moitos, moi representada en Galicia, ata a Guerra Civil, e en América, recrea o diálogo entre un vello e un mozo que volta á terra despois duns meses na emigración.

A peza será introducida polo profesor, ensaísta e membro do Padroado da Fundación Manuel María, Francisco Rodríguez, que falará do teatro das Irmandades e dos autores.