Anovar presenta un cedé multimedia

La Voz

MONTERROSO

PUBLICACIÓNS

12 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

? Asociación Socioeducativa e Cultural Anovar e o Concello de Monterroso presentan o cedé educativo titulado Xesús Manuel Lorenzo Varela, a emigración e o exilio dos galegos . Este traballo, cun ton moi didáctico, será distribuído gratuitamente a todos os centros públicos de Galicia para a difusión e estudo da obra do poeta monterrosino. O acto, aberto ao público en xeral, será ao mediodía no centro sociocultural de Fingoi e nel está previsto que participen o rexedor de Monterroso, Antonio Gato Soengas, e o escritor Xesús Alonso Montero.