Mercadiño de Troco como revolución en tempos de crise

LUGO CIUDAD

OSCAR CELA

Bico de Grao organiza diversas iniciativas para estes días

14 nov 2018 . Actualizado a las 09:42 h.

Hoxe • 17.00-20.00 horas • Bico de Grao (Fontiñas, 226). Lugo • 

A cooperativa Bico de Grao e o Banco de Tempo de Lugo organizan para hoxe un Mercadiño de Troco. Trátase dunha xornada de intercambio na que se pode levar todo o que non se use (limpo e en bo estado) e levar todo o que se precise. Intercambiarase roupa, electrodomésticos, libros, xogos, bonecos, música... A iniciativa xurde como alternativa e revolución en tempos de crise. 

Bico de Grao organiza máis actividades para as próximas semanas. Este sábado haberá unha clase de ioga en parella (Acro Ioga), a cargo de Alejandra Rodríguez. Trátase dun taller para divertirse que terá lugar ás 11.30, por 18 euros por parella.

O mércores 21 celebrarase un obradoiro de guirnalda navideña con vimbio, e o 28, outro de almorzos saudables para os máis pequenos.