Macedonia

Xulio Xiz

LUGO CIUDAD

06 oct 2015 . Actualizado a las 12:46 h.

Sempre se nos dixo que non se podían sumar conceptos diferentes porque o resultado non era intelixible. Que hai que utilizar obxectos iguais, porque cinco mazáns máis cinco peras daban dez, pero a saber de que.

Isto, na vida real, na matemática básica de andar pola casa, pero non así na política, que ben se sabe que podes sumar productos heteroxéneos e producir resultados máis ou menos harmónicos, decididamente beneficiosos para uns e outros, e en detrimento de outros/outros.

En Lugo, no concello, sumáronse froitas de moi diferente orixe e colleita? de óso, de pebidas, tradicionais, de cultivos experimentais? e fixeron

unha macedonia ao gusto dos chefs preparadores, coidando que a mestura que se facía era saborosa, que o zume resultante conservaría fresca a froita moito tempo, e que a medida que espesara faría máis consistente ese prato de obrigado consumo para a dieta de todos os lucenses.

Houbo froitas que quedaron fóra porque a súa cor, sabor, textura? non eran do agrado da maioría resultante, e ben se sabe que cando se trata de

xuntar, cociñando, hai cousas que non casan nin co mellor catalizador.

Pero velaquí que un aire, que din que son moi malos na cociña, deu en cortar a macedonia resultante e coma se fose leite callado produciuse unha

fendedura que permitíu que as froitas que andaban por fóra se sentisen arroupadas, comprendidas, integradas. E os cociñeiros, agora non saben como recompoñer o prato, agardando que sexa cousa dun día pero temendo que calquera vento poida cortar de novo o tempero da salsa, ensalada, suma ao fin. E nesas estamos? coa cociña algo revolta.